Turismo Miño
Turismo Miño
Turismo Miño
Festas en Miño - Turismo Miño
Festas en Miño - Turismo Miño
Festas en Miño - Turismo Miño

Festas en Miño

Divírteche en Miño

Miño conta cunha  riquísima variedade de celebracións, xa sexan gastronómicas como a Feira da cebola  chata, relixiosas ou outras celebracións máis recentes como o festival de música Frío no rostro ou Loro Facu. Todas elas representan os acenos de identidade e personalidade desta terra, congregando a multitude de visitantes ano tras ano. Non chas perdas!
Festival Loro Facu

Festival Loro Facu

Déixache seducir pola natureza máis salvaxe do Loro  Facu!. Un festival que conxuga arte e música independente durante tres días, na última semana do mes de xullo. Conta con actividades para toda a familia, desde talleres e xogos infantís a postos de artesanía e zona gastronómica con  food  trucks.
Colorea, Festival das Cores

Colorea, Festival das Cores

Un dos festivais máis coloridos de Miño sen lugar a dúbida!. E consiste en lanzarse pos de cores, que é unha maneira de conmemorar os moitos matices da primavera. Adoita durar todo o día e é unha celebración animada e  colorida do final do inverno e a chegada da primavera.
Frionorrostro Festival

Frionorrostro Festival

Este festival enche de música e artesanía as rúas de Miño durante a segunda fin de semana de agosto. Conta con diversas actividades entre as que ademais dos concertos musicais de grupos de ámbito local, tamén teñen cabida os postos de artesanía e gastronomía así como xogos tradicionais para o goce dos máis pequenos.
Feira da Cebola Chata

Feira da Cebola Chata

É a festa gastronómica por excelencia, congregando cada ano a multitude de veciños e visitantes. Ten como obxectivo a posta en valor dun produto local moi valorado, a cebola. Ademais do produto protagonista, tamén se enxalzan a gran variedade de produtos da horta galega.
 Ao longo da  xornada leva a cabo un variado abanico de actividades dirixidas a todos os públicos, entre as que destacan a demostración de oficios tradicionais, a música e a animación, así como os postos de comida variada.

Máis información
Ver detalles
Romaría de San Ramón

Romaría de San Ramón

É a festa campestre máis importante do municipio, á  que se lle atribúen máis de 150 anos de historia. Celébrase cada 31 de agosto en Bra, na parroquia de Sombreu. O momento máis esperado é o coñecido como a posta do santo, da que cada ano encárgase un veciño que debe recitar unha oración tradicional, transmitida de pais a fillos.
Unha vez finalizados os actos relixiosos, dá comezo a sesión vermú amenizada con música e a tradicional comida campestre.
Festas do Carmen

Festas do Carmen

As festas do Carmen comezan cunha procesión da imaxe da virxe, que parte desde a igrexa de Santa María ata o porto, onde se oficia unha misa cantada. A continuación unha coroa de loureiro é lanzada á auga en memoria dos mariñeiros falecidos no mar. E unha vez finalizada  a cerimonia, dá comezo a sesión vermú amenizada con música.
Ver detalles
Festas de San Pedro

Festas de San Pedro

As celebracións dedicadas a San Pedro teñen unha duración aproximada de 4 días, sendo o  28 e 29 de xuño os días máis grandes.
Nestas festas conviven os actos litúrxicos coa animación, nas que a música, as  batucadas, os pasarrúas e as verbenas, son algunhas das propostas que congregan a multitude de veciños cada ano. Pechando o último día cun espectáculo de fogos artificiais.
Entroido Miño

Entroido Miño

Miño celebra a tradicional e popular festividade do entroido. Durante eses días leva a cabo unha verbena amenizada por unha orquestra e un divertido concurso de disfraces con premios, ademais dunha festa infantil. Unha celebración na que non falta nin a música nin o bo humor.
Festival de Danza e Música Tradicional

Festival de Danza e Música Tradicional

Este é un festival no que danza e música danse a man para expresar a identidade dun pobo. Un legado cultural que se transmite ao longo dos anos a través dos bailes populares e as melodías que os acompañan. E cada ano ten un punto de encontro en Miño.
Ver detalles
O concurso da cucaña

O concurso da cucaña

Nas festas de San Pedro, no mes de xuño ten lugar o concurso da cucaña, moi popular entre os miñenses e achegados. Unha participación divertida para todos.
Feira da Cultura EnCaMiño

Feira da Cultura EnCaMiño

Ver detalles