logotipo
facebook de Feira da Cebola Chata - Turismo Miño youtube de Feira da Cebola Chata - Turismo Miño instagram de Feira da Cebola Chata - Turismo Miño interest de Feira da Cebola Chata - Turismo Miño
es | en | gl
  • Descobre Miño
  • Onde durmir
  • Onde comer
  • Camiño Inglés a Santiago
  • 6 Imprescindibles
  • Bibliografía
  • Blog
  • Contacto
logotipo
Feira da Cebola Chata - Turismo Miño
Feira da Cebola Chata - Turismo Miño
Feira da Cebola Chata - Turismo Miño
Feira da Cebola Chata - Turismo Miño
Feira da Cebola Chata - Turismo Miño
Feira da Cebola Chata - Turismo Miño
Feira da Cebola Chata - Turismo Miño
Feira da Cebola Chata - Turismo Miño
Feira da Cebola Chata - Turismo Miño
Feira da Cebola Chata - Turismo Miño
Feira da Cebola Chata - Turismo Miño
Feira da Cebola Chata - Turismo Miño
Feira da Cebola Chata - Turismo Miño
 
 

Turismo Miño

Ininterrompidamente desde 1999

A  feira da Cebola  Chata de Miño é unha festa de exaltación deste produto que se celebra a primeira fin de semana de Agosto. É de carácter anual e vén festexando ininterrompidamente desde 1999.

Cebola Chata: propiedades extraordinarias

A planta da cebola  Allium cepa é unha hortaliza (plantas comestibles entre as que se atopan as verduras e os legumes). Na comarca de Miño adaptouse dunha forma singular debido ás súas condicións especiais, tanto do clima como do chan, facendo que o seu bulbo teña unhas características únicas.
A Cebola Chata de Miño ou de Prato é unha variedade local de cebola “palla virtudes”, que polo ciclo de formación do seu bulbo pertence ao  grupo das medias temperás, non é nin das temperás nin das tardías, é moi galega. O seu bulbo crece máis ao ancho que ao alto, o que dá orixe ao seu nome. Esta hortaliza resulta tenra, cun sabor suave que gusta a todo aquel que a proba.
A chata de Miño é un cebola inmellorable tanto para uso gastronómico como preventivos, sendo unha gran aliada para a nosa saúde.

A cebola é unha gran protagonista en moitos pratos como empanadas, ameixas, atún encebolado...
Esta feira é moi popular na comarca, achegándose xente de toda a rexión. Celébrase desde primeira hora da mañá co mercado tradicional de froitas, verduras, produtos locais e artesanais. Adórnanse os postos para a ocasión, con especial protagonismo das  ristras de cebola e outros adornos con este produto que cada ano vanse mellorando e diversificando máis.

A  chata é o produto estrela da xornada, podéndose degustar gran variedade de empanadas artesás, e gozando cada ano de múltiples actividades gastronómicas en relación con este produto: talleres de cociña, degustación e maridaxes, concursos de receitas...

Feira popular de gran participación

Todos os postos engalánanse para a ocasión, creando un ambiente especial ao redor desta hortaliza tan singular.

Ao longo da xornada hai pasarrúas, música, actividades para nenos e adultos, demostración de oficios tradicionais e saborosos postos de comida en torno ao mercado de  Rabazal.

Unha xornada única e divertida de exaltación da cebola  chata de Miño, produto que cada ano demostra as súas espléndidas características dándonos un sen fin de posibilidades gastronómicas.

Programa detallado da XXI Feira da Cebola Chata

 
 
 
 

Turismo Miño

Descobre todo o que podes facer en Miño

+34 607 80 35 69
 34607803569
Estrada da Praia s/n15630 Miño A CoruñaEspaña
turismomino@gmail.com
facebook de Feira da Cebola Chata - Turismo Miño youtube de Feira da Cebola Chata - Turismo Miño instagram de Feira da Cebola Chata - Turismo Miño interest de Feira da Cebola Chata - Turismo Miño
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Cookies
  • Technology Diseño Web para Hoteles, Apartamentos y Casas Rurales

RESERVA

loading

Este sitio web utiliza Cookies propias y de terceros, para recopilar información con la finalidad de mejorar nuestros servicios, para mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias, así como analizar sus hábitos de navegación. Puede aceptar todas las cookies pulsando el botón "Aceptar" o configurarlas o rechazar su uso haciendo clic en "Configuración de Cookies". El usuario tiene la posibilidad de configurar su navegador pudiendo, si así lo desea, impedir que sean instaladas en su disco duro, aunque deberá tener en cuenta que dicha acción podrá ocasionar dificultades de navegación de la página web.