Turismo Miño
Turismo Miño
Turismo Miño
Procesión do Carme - Turismo Miño
Procesión do Carme - Turismo Miño
Procesión do Carme - Turismo Miño
Procesión do Carme - Turismo Miño
Procesión do Carme - Turismo Miño
Procesión do Carme - Turismo Miño

Procesión do Carme

Procesión do Carme - Turismo Miño

Patrona da xente mariñeira

A procesión na honra á Virxe do Carme de Miño celébrase anualmente o 16 xullo.

Sobre as 20.30 h comeza a procesión desde a igrexa de Santa María de Miño, portando á Virxe do Carme rodeada de ofrendas florais. O percorrido parte da igrexa, situada na rúa da Carreira, baixa pola estrada da Praia e remata no porto de Miño. Vai acompañada de pasarrúas con música.

Á súa chegada ao porto, ofíciase ao aire libre unha Eucaristía na honra da patroa de mariñeiros e xente do mar, coa actuación da rondalla e da coral da Asociación Cultural, Deportiva e Recreativa O’Castro de Miño.


A partir das 22.00 h os festexos continúan coa degustación de diferentes produtos da Confraría de pescadores de Miño ou doutros produtos locais.
Procesión do Carme - Turismo Miño

Festas do Carme en Callobre

Por outra banda, na parroquia de Callobre tamén se celebran as festas do Carme durante toda a fin de semana. Veneran a imaxe da Virxe, que portan ao redor do adro. 
Tras a misa solemne do mediodía, organizan unha sesión vermú amenizada con música. Ofertan tamén unha festa infantil e actividades para toda a familia. O campo da festa de Callobre amósase concorrido neses días, cheo de ledicia e diversión.
é un cartel ca imaxe da Virxe do Carme, o que pon no cartel é o seguinte: virxe do Carme 16 de xullo de 2025. Ás 20horas, saída

Procesión Virxe do Carme 2025