logotipo
facebook de Bibliografía youtube de Bibliografía instagram de Bibliografía interest de Bibliografía
es | en | gl
  • Descobre Miño
  • Onde durmir
  • Onde comer
  • Camiño Inglés a Santiago
  • 6 Imprescindibles
  • Bibliografía
  • Blog
  • Contacto
logotipo
 

Turismo Miño

Aquí contarémosche todas as novidades

Neste espazo convidámosche a coñecer as nosas novidades sobre o departamento de turismo de Miño.
  • Nov
    28

    Bibliografía

    +
  • Nov
    22

    As Fragas do Xarío e a súa nova senda dos muíños

    As características dos bosques galegos e as súas fragas.

    Se hai algunha cor vencellada a Galicia, ese é o verde. Os bosques son un dos grandes atractivos da nosa terra, e un dos seus compoñentes de maior valor natural e cultural.

    As fragas ou bosques autóctonos galegos, abarcan varios tipos de bosques, todos pertencentes aos denominados bosques atlánticos caducifolios europeos, atopándose en Galicia algúns dos mellor valorados.

    O bosque autóctono de Galicia por excelencia é o atlántico, así que, dependendo da altitude e do sustrato, as especies predominantes acostuman ser o carballo, a castiñeira, o acivro, o loureiro, o espino ou a sobreira.

    Unha das catacterísticas da fraga, o bosque autóctono galego, é que na súa formación non interveu a mán do home. Son extensións illadas e de difícil acceso e gran espesura, onde a frondosidade das copas das árbores impiden que a luz chegue ao chan. Deste xeito son quen de manter a temperatura e humidade constantes, permitindo o asentamento de especies vexetais e animais nunha rica diversidade.

    Os ríos teñen un gran protagonismo na formación das fragas, establecendo unha rede de arroios e regachos sombríos con húmedas ribeiras.
    As brumas, néboas e as abundantes choivas fan o resto, provocando o xurdir dunha variada colección de musgos, fentos e liques que constitúen un dos grandes tesouros deste tipo de bosques.

    A Fraga do Xarío.

    Este espazo verde de 58.000 metros cadrados forma parte da riqueza paisaxística do concello de Miño, sendo o espazo máis grande das súas características de todo o municipio. Serpenteada polo río Xarío que a denomina, está situada entre a urbanización Costa Miño e a praia Grande.

    No seu comezo, un panel informativo móstranos os diferentes roteiros ovaladas cos seus carreiros de conexión que podemos escoller á hora de pasear pola contorna.

    Dispoñemos aquí dun frondoso bosque de ribeira, cos seus loureiros característicos, bidueiros, freixos, salgueiros ou amieiros, así como algunhas árbores de maior envergadura como carballos, castiñeiros ou haxas. As principais especies arbóreas están sinalizadas e panelizadas para distinguilas.

    Os amieiros e freixos forman espazos sombreados e frescos, que son aproveitados polo acivro e outros arbustos. Os seus numerosos recunchos húmidos e sombríos, resultan idóneos para anfibios como os tritóns, as rás ou as píntegas.

    Entre os vertebrados, sendo coidadosos, observamos esquíos, raposos, algún asustadizo corzo e ata as fuxidías xinetas se conseguimos ser o suficientemente sixilosos. Non é estraño ver as irregularidades do terreo realizadas polos porcos bravos.

    A frondosidade resulta moi atractiva para a variada gama de paxaros que habitan aquí: variados ferreiriños (cristado, azul e negro), curruca zarcera, mosquiteiros… Un dos atributos máis fascinantes dos paxaros é o seu canto. Un coro ao descuberto de barítonos, tenores e baixos, que varían de intensidade segundo o ciclo reprodutor: cortexo, emparellamento, incubación e crianza. Recomendamos unha pausa nun dos bancos onde agudizar a escoita para diferenciar os trinos de cada un, e deixarse evocar polo momento.

    No outono sorpréndenos a beleza máxica dos cogomelos, como a tan valorada Boletus edulis, que asoma entre os carreiros tapizados de follas. A forma, o colorido, a beleza ou as calidades gastronómicas dalgunhas delas rivalizan co perigo de envelenamento, mesmo mortal, que poden provocar outras. Así é o fascinante mundo da micoloxía. Un dos colaboradores ao aspecto máxico desta contorna é o Musgo do carballo (Evernia prunastri). Medra nos troncos e as ramas do carballo (quercus robus). Orixinario de Europa e de América do Norte, o lique recóllese en Europa, particularmente en Macedonia e Bulgaria. Moi valorado na elaboración de perfumes, pola súas notas complexas, terrosas, e salgadas, que evocan o cheiro do bosque.

    Entre o patrimonio da fraga atópanse os restos da antiga Casa Grande de os Ginés. Unha propiedade que contaba con dous muíños na planta baixa e unha vivenda na primeira, ademais doutras edificacións que daban servizo a unha construción datada no século XVII, segundo recóllese no Plan Xeral de Miño.

    A Fraga do Xarío conectouse recentemente mediante unha senda co Camiño Inglés de Santiago. Este carreiro lineal transcorre ao longo do leito do Río Xarío, percorrendo en paralelo os terreos do Campo de Golf, ampliando o goce desta contorna de gran valor ecolóxico. Este novo tramo pódese comezar polo lado Norte da Fraga ou, á altura da segunda rotonda de Costa Miño, se se accede desde o Camiño de Santiago.

    Ao longo da senda podemos localizar a estrutura pétrea cuberta de hedra de catro antigos muíños de auga, que enriquecen o patrimonio etnográfico do municipio.

    Recomendámosvos frecuentar este interesante e zizagueante percorrido da fraga do Xarío e a súa senda dos muíños ao longo do ano. A fraga é un ente vivo, as sensacións cromáticas, sonoras e olfativas que transmite esta pequena área verde son ben diferentes durante as catro estacións.

    +
  • Out
    17

    Ruta dos Muíños do río Medio, Miño.

    Unha ruta chea de riqueza.

    .
    A  ruta dos muíños do río Medio é unha pequena senda lineal de1,3 km., que percorre un tramo do río Medio, afluente do Lambre. Este percorrido de alto valor ambiental, ten unha enorme riqueza ecolóxica e etnográfica.
     
    Saíndo de Güimil atopamos un conxunto formado por catro muiños. Os dous primeiros, da Graña e Albeiro, dispoñen de merendeiro, o de Amado e o de Miño sitúanse na parte máis alta. Todos están restaurados e abertos, nalgúns pódese observar a moa no seu centro.
    A carón do muíño de Miño atopamos dous muiños un pouco máis grandes, do concello de Vilarmaior. Debemos retomar a ruta desde o Muíño de Miño para chegar a Capela de Guadalupe.
     
    Seguindo a pendente do río, algunhas costas son algo esixentes. A súa escasa duración, xunto coas numerosas paradas nos seus fermosos recunchos, convértena nunha ruta ao alcance de todos. Ao se tratar dunha zona de moita densidade de follas, pedras irregulares e humidade, salientamos a conveniencia de empregar calzado axeitado e prestar atención aos desniveis.
     
    Rematamos xunto a Capela de Guadalupe, co cruceiro e a fonte de Augas Santas, onde os romeiros conxuraban a envexa e o mal de ollo. Desde aquí podemos volver descendendo por onde vimos, ou collendo a estrada para baixar polo asfalto por Vigo e Pousadoira, ata chegar a CP- 4804. Collemos agora á man esquerda para voltar a Güimil, ou á dereita para ir cara a Ponte do Porco.
     
    Esta ruta tamén pódese empezar en Ponte do Porco, remontando o río Lambre pola CP 4804 e deixando á dereita a ponte gótica do camiño Inglés a Santiago.Estamos ante unha estrada ben asfaltada, sen beirarrúas e con pouca densidade de tráfico. Vai acompañando ao río Lambre formando túneis de arbores frondosos que dan percorrido.
     
    Gracias por gozar deste espacio de xeito responsable: respecta a flora e fauna, leva sempre ao teu can atado, e retorna o teu lixo contigo.
    Goza do son do río, percorre o seu denso bosque de ribeira: bidueiros, abeleiras, loureiros, silveiras, e gran diversidade de fentos.
     
    Goza deste recuncho máxico da natureza e do feitizo dos seus ríos.

    +
  • Mai
    11

    Benvida á web de Turismo de Miño

    Desde o  Concello de Miño dámosvos a benvida á web de Turismo de Miño, nela atoparedes toda a información necesaria para que a vosa viaxe sexa perfecto.

    Na sección Descobre Miño, presentámosvos os diferentes recursos turísticos e que actividades pódense realizar para gozar do municipio.
    Por suposto as nosas Praias ocupan un lugar destacado na web, xa que son nosas principais atraccións.

    Tamén atoparedes os locais de restauración e os aloxamentos, así como o contacto da oficina de turismo.

    Contamos cunha sección específica do Camiño de Santiago, por se o que queredes é realizar o camiño Inglés desde Ferrol, ou ben descubrir os lugares polos que o peregrino transcorre.

    En 6 imprescindibles seleccionamos o máis destacado para coñecer se o tempo é limitado.

    Por último, un blog no que atoparedes outras propostas e información ampliada dos recursos turísticos do municipio, declarado de interese turístico.

    Desde turismo de Miño convidámosvos a vir ao noso municipio e que o descubrades.

    +
 

Turismo Miño

Descobre todo o que podes facer en Miño

+34 607 80 35 69
 34607803569
Estrada da Praia s/n15630 Miño A CoruñaEspaña
turismomino@gmail.com
facebook de Bibliografía youtube de Bibliografía instagram de Bibliografía interest de Bibliografía
  • Cookies
  • Technology Diseño Web para Hoteles, Apartamentos y Casas Rurales

RESERVA

loading
Whatsapp icon

Este sitio web utiliza Cookies propias y de terceros, para recopilar información con la finalidad de mejorar nuestros servicios, para mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias, así como analizar sus hábitos de navegación. Puede aceptar todas las cookies pulsando el botón "Aceptar" o configurarlas o rechazar su uso haciendo clic en "Configuración de Cookies". El usuario tiene la posibilidad de configurar su navegador pudiendo, si así lo desea, impedir que sean instaladas en su disco duro, aunque deberá tener en cuenta que dicha acción podrá ocasionar dificultades de navegación de la página web.