logotipo
facebook de Patrimonio Cultural - Turismo Miño youtube de Patrimonio Cultural - Turismo Miño instagram de Patrimonio Cultural - Turismo Miño interest de Patrimonio Cultural - Turismo Miño
es | en | gl
  • Descobre Miño
  • Onde durmir
  • Onde comer
  • Camiño de Santiago
  • 6 Imprescindibles
  • Blog
  • Contacto
logotipo
Patrimonio Cultural - Turismo Miño
Patrimonio Cultural - Turismo Miño
Patrimonio Cultural - Turismo Miño
Patrimonio Cultural - Turismo Miño
 
 

Turismo Miño

Penétrache no pasado de Miño

Penétrache no pasado histórico de Miño e revive a súa historia.

Igrexa de San Xoán de Vilanova

Exemplar do rural galego do século  XI (1040) e unha das obras máis antigas do románico en Galicia. Na súa planta rectangular desenvolve unha soa nave rematada nunha ábsida semicircular. O interior é moi sobrio e os seus muros presentan cantería irregular. Destaca a pila bautismal, de características románicas. O exterior concentra a decoración na fachada principal, que foi remodelada no século  XVIII segundo canons barrocos.

Como chegar
+
 

Muíño de Boucelo

Data de 1840. É herdeiro dos que apareceron en Persia no S. VII e chegaron a Europa no  S.X. Deixou de moer despois de apenas 60 anos en funcionamento Desde agosto de 1989 está inventariado no Centro Nacional de Muíños de Vento de España.

Como chegar
 
 

Igrexa de Santo Tomé de Bemantes

De estilo barroco, destaca a pila  bautismal  románica e un sartego antropomorfo do s.XII situado no exterior do templo.


Como chegar
 
 

Ponte Baxoi

Forma parte da rede de pontes mandadas construír por Fernán Pérez de Andrade o “ BOO", no século  XIV para facilitar o paso de carruaxes polos seus dominios. Punto de paso do Camiño Inglés.


Como chegar
 

Capela da nosa Señora de Guadalupe e Fonte de Augas Santas

Segundo conta a lenda esta fonte posúe augas milagrosas. Xa que protexe  da envexa e do mal de ollo, así como das pragas. A tradición popular e as crenzas, fixeron xeral a recollida de auga desta fonte para asperxer as terras e deste xeito preservar as colleitas.

Como chegar
 
 

Monumento á Casa de Andrade

Monumento en honra a  Fernán Pérez de Andrade, trátase dunha cruz sobre un xabaril que simboliza o triunfo do ben sobre o mal. Obra do escultor Alfonso Sanmartín, 1962.

Como chegar

Lenda de Roxín Roxal
+
 
 

Igrexa de San Xoán de Callobre

Igrexa de estilo predominantemente barroco do século SXVIII. O interior é moi sobrio, desde o punto de vista ornamental. De planta de cruz latina, o espazo entre o presbiterio e as capelas laterais resólvese mediante arcos de medio punto. Destacan a pila bautismal de características  románicas e os altares coas imaxes de San Juan e a Dolorosa. O exterior concentra a decoración na fachada principal. No seu exterior sobresaen dous reloxos de sol que datan do ano 1814.

Como chegar
 

Igrexa de San Xulián de Carantoña

Igrexa de estilo barroco de tipoloxía rural. Presenta planta rectangular onde se inscriben tres tramos correspondentes á nave, presbiterio e sancristía. No seu interior atópase a Capela de San Nicolás e unha pila bautismal pétrea de características arcaicas. No exterior a decoración concéntrase na fachada principal.

Como chegar
 
 

Capela de Nosa Señora Inmaculada

No seu interior destaca un retablo barroco en ton dourado, en cuxa parte superior ten a letra  M, símbolo da familia Montenegro. Cada 24 de agosto ten lugar unha romaría en honra a San Paio.

Como chegar
 
 

Igrexa de San Pedro de Perbes

Igrexa de estilo barroco de tipoloxía rural. Presenta unha planta rectangular onde desenvolve unha soa nave. O interior é moi sobrio desde o punto de vista ornamental, destacando o retablo do altar maior de características  neoclásicas. O exterior concentra a decoración na fachada principal.

Como chegar
 

Capela dos Condes de Vigo

De estilo barroco, atópase encostada á igrexa de Santa María de Castro. Na súa planta rectangular desenvolve unha soa nave. E no seu interior destacan os sartegos dos Condes de Vigo, Juan Martínez Tenreiro de Montenegro e María Piñeiro de Lago, decorados co escudo de armas familiar do  S. XVI.
O exterior concentra a escasa decoración na fachada principal, onde sobresae un escudo do s.  XVIII. no que aparecen os emblemas dos señores de Vigo.

Como chegar
 
 
 

Turismo Miño

Descobre todo o que podes facer en Miño

+34 607 80 35 69
 34607803569
Estrada da Praia s/n15630 Miño A CoruñaEspaña
turismomino@gmail.com
facebook de Patrimonio Cultural - Turismo Miño youtube de Patrimonio Cultural - Turismo Miño instagram de Patrimonio Cultural - Turismo Miño interest de Patrimonio Cultural - Turismo Miño
  • Aviso legal
  • Technology Diseño Web para Hoteles, Apartamentos y Casas Rurales

RESERVA

loading

Este sitio web utiliza Cookies propias y de terceros, para recopilar información con la finalidad de mejorar nuestros servicios, para mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias, así como analizar sus hábitos de navegación. Puede aceptar todas las cookies pulsando el botón "Aceptar" o configurarlas o rechazar su uso haciendo clic en "Configuración de Cookies". El usuario tiene la posibilidad de configurar su navegador pudiendo, si así lo desea, impedir que sean instaladas en su disco duro, aunque deberá tener en cuenta que dicha acción podrá ocasionar dificultades de navegación de la página web.