Turismo Miño
Turismo Miño
Turismo Miño
Ponte do Porco - Turismo Miño
Ponte do Porco - Turismo Miño
Ponte do Porco - Turismo Miño
Ponte do Porco - Turismo Miño
Ponte do Porco - Turismo Miño
Ponte do Porco - Turismo Miño
Ponte do Porco - Turismo Miño
Ponte do Porco - Turismo Miño
Ponte do Porco - Turismo Miño
Ponte do Porco - Turismo Miño
Ponte do Porco - Turismo Miño
Ponte do Porco - Turismo Miño
Ponte do Porco - Turismo Miño
Ponte do Porco - Turismo Miño
Ponte do Porco - Turismo Miño
Ponte do Porco - Turismo Miño
Ponte do Porco - Turismo Miño
Ponte do Porco - Turismo Miño
Obra de Rafael Pedrós
Obra de Rafael Pedrós

Ponte do Porco

Ponte do Porco, un recuncho de Miño cunha paisaxe que enfeitiza

A Ponte do Porco é un dos recunchos con máis encanto de Miño. Trátase dun lugar con pequenas casas integradas na súa contorna, que engaiola pola súa paisaxe. Atópase á beira do río Lambre, fronteira natural entre os concellos de Miño e Paderne, no pequeno estuario formado na súa desembocadura. Un fermoso recuncho pouco coñecido, onde a auga salgada do mar mestúrase coa auga doce do río.
Ponte do Porco - Turismo Miño

Unha panorámica vinculada ao estado da marea

Unha das cousas máis curiosas deste pequeno estuario é como cambia a contorna segundo a marea. Os matices das cores tórnanse e adquiren diferentes tonalidades e luces segundo o calado da auga.

Con preamar a auga asolaga a conca e fai aboiar as embarcacións tradicionais, o que lle dá unha aparencia idílica de pequeno porto natural. A tonalidade da súa luz, o reflexo das nubes na auga e a vexetación que a rodean inspiran o mellor dos cadros.

Con baixamar o leito do río alonga o seu percorrido na procura do mar. A praia amplía os seus horizontes en ambas as dúas beiras. As visitantes deberán pasear un pouco máis para conseguir unha zona de maior profundidade para o seu baño. As embarcacións varan e escoran os seus bandullos na area, coma se se deixasen engaiolar por unha sesta pracenteira. 

O río, a ponte, o mar, as chalanas,as casiñas á beira do río, a area branca, a vexetación… suman unha combinación de elementos que se fixan a través de todos os nosos sentidos, facéndonos gozar intensamente de cada momento.
Ponte do Porco - Turismo Miño

Un banco natural de alimentos para as aves mariñas

Ademais, pódense avistar diferentes aves mariñas, xa que estas zonas do espazo intermareal son as preferidas polas aves limícolas, que as varren en busca de pequenos invertebrados e moluscos. É o caso dos pilsos, os mazaricos ou os ostreiros, entre outros moitos que visitan este areal.

Na praia da Alameda podemos gozar dunha contorna de gran valor natural, e duns dos eucaliptos máis antigos de Galicia.