Castro e Torques Centroña

Castro de Centroña, Perbes ou Castrelo
Coñecido como castro de Centroña, castro de Perbes ou castro de Castrelo, sitúase entre as parroquias de Centroña (Pontedeume) e Perbes (Miño).Ten unha altitude de 194 m e unha superficie de 4,1 ha, con coordenadas UTM 565293-4805764.
A falta dunha actuación arqueolóxica de máis fonda, adóitase datar na segunda Idade de Ferro, arredor do ano 400 a.C. Esta zona xa tivo un forte desenvolvemento comercial na época de púnicos e romanos, como reflicten os asentamentos romanos de Centroña e Sopazos (Pontedeume), Noville e Caldoval (Mugardos), o tesouro de moedas romanas de Algara que se atopou no lugar Bermaño (Perbes-Miño), e os restos aparecidos en Loios (Miño).

Torques de Centroña
Ao Castro de Centroña relaciónase co santuario precristián do monte Breamo, sobre o que hoxe temos unha capela románica. Crese que puido funcionar como capital da área, como parece mostrar a súa relación con este templo pagán e con outros castros dos arredores de menor tamaño e probablemente subsidiarios, como os de Boebre, Centroña, Nogueirosa e Castro entre outros. Un indicativo desta soberanía é o medio torque de ouro coñecido como Torques de Centroña que apareceu nas proximidades do poboado en 1992, atopándose hoxe no Museo Provincial de Lugo .
Estes descubrimentos reflicten a importancia do castro de Centroña-Perbes, facendo que se chegue a identificar coa cidade de Ardóbriga citada polo xeógrafo romano Pomponio Mela.
Estes descubrimentos reflicten a importancia do castro de Centroña-Perbes, facendo que se chegue a identificar coa cidade de Ardóbriga citada polo xeógrafo romano Pomponio Mela.

A estrutura elíptica deste castro
As estruturas que se conservan con maior claridade son o recinto principal de forma elíptica coas súas murallas de terra. Rodéano un antecastro no lado noroeste e outro no leste e está circundado na súa totalidade por un sistema de terrazas.
Tempo atrás podíase completar a circunvalación da croa (parte máis alta e núcleo do castro), pero hoxe o castro mostra dificultades á hora da súa visita polo avance da vexetación e a súa espesura, que fai complicada a súa observación.

Ardóbriga
En 2008 xorde a iniciativa cidadá da creación da Asociación Cultural Ardóbriga para salvagardar o patrimonio arqueolóxico, tomando o nome da cidade atribuído polo investigador Millán González – Pardo ao Castro de Centroña e escollendo como símbolo o medio torque nel atopado.

Panorámica da ría
O dominio visual desde a localización deste castro permítenos contemplar unha ampla panorámica, desde a Torre de Hércules (A Coruña) ata as illas Sisargas (Malpica). Poderemos gozala sempre que a climatoloxía sexa favorable e a frondosidade da vexetación permítanolo.