Turismo Miño
Penétrache no pasado de Miño
Penétrache no pasado histórico de Miño e revive a súa historia.
Igrexa de San Xoán de Vilanova
Exemplar do rural galego do século XI (1040) e unha das obras máis antigas do románico en Galicia. Na súa planta rectangular desenvolve unha soa nave rematada nunha ábsida semicircular. O interior é moi sobrio e os seus muros presentan cantería irregular. Destaca a pila bautismal, de características románicas. O exterior concentra a decoración na fachada principal, que foi remodelada no século XVIII segundo canons barrocos.
Como chegar
+
Como chegar
Muíño de Boucelo
Data de 1840. É herdeiro dos que apareceron en Persia no S. VII e chegaron a Europa no S.X. Deixou de moer despois de apenas 60 anos en funcionamento Desde agosto de 1989 está inventariado no Centro Nacional de Muíños de Vento de España.
Como chegar
Como chegar
Igrexa de Santo Tomé de Bemantes
De estilo barroco, destaca a pila bautismal románica e un sartego antropomorfo do s.XII situado no exterior do templo.
Como chegar
Como chegar
Ponte Baxoi
Forma parte da rede de pontes mandadas construír por Fernán Pérez de Andrade o “ BOO", no século XIV para facilitar o paso de carruaxes polos seus dominios. Punto de paso do Camiño Inglés.
Como chegar
Como chegar
Capela da nosa Señora de Guadalupe e Fonte de Augas Santas
Segundo conta a lenda esta fonte posúe augas milagrosas. Xa que protexe da envexa e do mal de ollo, así como das pragas. A tradición popular e as crenzas, fixeron xeral a recollida de auga desta fonte para asperxer as terras e deste xeito preservar as colleitas.
Como chegar
Como chegar
Monumento á Casa de Andrade
Monumento en honra a Fernán Pérez de Andrade, trátase dunha cruz sobre un xabaril que simboliza o triunfo do ben sobre o mal. Obra do escultor Alfonso Sanmartín, 1962.
Como chegar
+
Como chegar
Igrexa de San Xoán de Callobre
Igrexa de estilo predominantemente barroco do século SXVIII. O interior é moi sobrio, desde o punto de vista ornamental. De planta de cruz latina, o espazo entre o presbiterio e as capelas laterais resólvese mediante arcos de medio punto. Destacan a pila bautismal de características románicas e os altares coas imaxes de San Juan e a Dolorosa. O exterior concentra a decoración na fachada principal. No seu exterior sobresaen dous reloxos de sol que datan do ano 1814.
Como chegar
Como chegar
Igrexa de San Xulián de Carantoña
Igrexa de estilo barroco de tipoloxía rural. Presenta planta rectangular onde se inscriben tres tramos correspondentes á nave, presbiterio e sancristía. No seu interior atópase a Capela de San Nicolás e unha pila bautismal pétrea de características arcaicas. No exterior a decoración concéntrase na fachada principal.
Como chegar
Como chegar
Capela de Nosa Señora Inmaculada
No seu interior destaca un retablo barroco en ton dourado, en cuxa parte superior ten a letra M, símbolo da familia Montenegro. Cada 24 de agosto ten lugar unha romaría en honra a San Paio.
Como chegar
Como chegar
Igrexa de San Pedro de Perbes
Igrexa de estilo barroco de tipoloxía rural. Presenta unha planta rectangular onde desenvolve unha soa nave. O interior é moi sobrio desde o punto de vista ornamental, destacando o retablo do altar maior de características neoclásicas. O exterior concentra a decoración na fachada principal.
Como chegar
Como chegar
Capela dos Condes de Vigo
De estilo barroco, atópase encostada á igrexa de Santa María de Castro. Na súa planta rectangular desenvolve unha soa nave. E no seu interior destacan os sartegos dos Condes de Vigo, Juan Martínez Tenreiro de Montenegro e María Piñeiro de Lago, decorados co escudo de armas familiar do S. XVI.
O exterior concentra a escasa decoración na fachada principal, onde sobresae un escudo do s. XVIII. no que aparecen os emblemas dos señores de Vigo.
Como chegar
O exterior concentra a escasa decoración na fachada principal, onde sobresae un escudo do s. XVIII. no que aparecen os emblemas dos señores de Vigo.
Como chegar
Castro e Torques de Centroña
O Castro de Centroña, hoxe pertence aos concellos de Pontedeume e Miño.
Situado nun outeiro ao fondo da ría de Ares e Betanzos, en pleno corazón de Golfo Artabro, nel atopouse en 1912 o valioso Torques de Centroña. Un vestixio da exquisita ourería castrexa.
Actualmente está exposto no Museo Provincial de Lugo. Unha xoia ártabra que reflicte a nosa rica historia e vasto patrimonio cultural.

A forza das lendas galegas: Roxín Roxal
Os mitos e as lendas son relatos que han modelado algúns feitos históricos. Arraigados profundamente na nosa cultura, mestúranse ata tal punto que resulta difícil discernirlos da realidade.
Cargados de metáforas e paralelismos, as súas ensinanzas portan ensinos agochados entre misterios, heroes e fantasías grandilocuentes.
Galicia é unha rexión desde sempre vinculada a sedutoras historias, mitos e lendas poboadas de mouros, meigas, serpes, curuxas, biosbardos e unha infinidade de fascinantes personaxes.
Ponte do Porco, o recuncho máxico de Miño, ten o privilexio de acoller a incrible historia de Roxín Roxal. Unha lenda cargada de amor, valentía e compromiso, onde a condición social queda nun un interdito que provoca tremores nos piares tradicionais da sociedade.
Gozádea!