Turismo Miño
Turismo Miño
Turismo Miño
Procesión da Nosa Señora - Turismo Miño
Procesión da Nosa Señora - Turismo Miño
Procesión da Nosa Señora - Turismo Miño
Procesión da Nosa Señora - Turismo Miño
Procesión da Nosa Señora - Turismo Miño
Procesión da Nosa Señora - Turismo Miño
Procesión da Nosa Señora - Turismo Miño

Procesión da Nosa Señora

Procesión da Nosa Señora - Turismo Miño

A nosa Señora, patrona de Miño

O núcleo urbano de Miño pertence á parroquia de Santa María e todos os 15 de agosto ten lugar a celebración do Día da Nosa Señora, que conta con moita devoción.


O adro da igrexa é decorado con alfombras florais e fermosos adornos realizados con materiais naturais. Os dous cruceiros enfrontados engalánanse para a ocasión con flores de vivas cores. Un traballo arduo e laborioso executado pola Asociación de alfombras e arte efémero de Perbes/Miño.

Sobre as 12.30 h celébrase a misa na honra da Nosa Señora, na que a Asociación Cultural, Recreativa e Deportiva O’Castro agasalla a parroquia co acompañamento musical da súa coral e rondalla.
Procesión da Nosa Señora - Turismo Miño

Alfombras florais na súa honra

Ao rematar a Eucaristía, comeza a procesión e a imaxe da Virxe é portada, acompañada polos moitos fregueses, desde a igrexa á rúa Raxel, para guiala novamente ao interior do templo. Durante o traxecto a imaxe é alzada con veneración mentres a banda interpreta música solemne.

O repenique das campás e o lanzamento de bombas de palenque anuncian a saída e a chegada da procesión.
As bases e as columnas dos cruceiros decóranse na honra da Nosa Señora, con fermosas flores naturais.
Ver detalles