Turismo Miño
Turismo Miño
Turismo Miño

Romaría San Ramón de Bra

No Lugar de Bra, na parroquia de Santa María de Miño, ten lugar una das tradicións máis antigas deste concello: a romaría de San Ramón Nonnato.
É festexada todos os 31 de agosto e xa conta con máis de 150 anos de historia.

A capela de San Ramón pertenceu durante tres xeracións á familia Míguez. En 2004 Rosario Míguez Urbietacédea ao Concellode Miño para que se encargue de mantera súa tradición.
A Posta do Santo

A Posta do Santo

Ao redor das 13.00hcelébrase a misa nahonra a San Ramón Nonnato, patrón das mulleresembarazadas e parturientes. O momento máis agardadoé a “Posta doSanto”, na que cada ano a persoa escollida recita a ladaíña tradicional transmitida durante anos de pais a fillos:

“San Ramón Nonato
chequite a enfermedá
chepoñaasanidá,
polo poder de Deuse daVirxeMaría,
un Pai Noso e un Ave María.
Amén”.
Á vez que se pronuncia a alocución, desprazan a pequena imaxe de San Ramón sobre a cabeza, o peito e os ombreiros dos oferentes, facendo o sinal da cruz.

A festa continúa con música e comida campestre durante todo o día.
Desde aquí podemos achegarnos á capela San Xoan de Area en Sombreu, á Igrexa Santa Maria de Miño que ten un cruceiro no atrio, así como dar un paseo desde a praia da Ribeira, pola Senda dos Sentidos e chegar ata a Ponte do Porco e visitar o monumento aos Andrade.

Coordenadas 43.3471196 -8.2141741