Turismo Miño
Miño pura aventura
Descobre a contorna natural de Miño de forma activa, vivindo á vez experiencias únicas en pleno contacto coa natureza: sendeirismo, golf, paseos en bicicleta... Se prefires os deportes náuticos tamén atoparás alternativas para divertirte grazas ás tranquilas augas da ría, que permiten durante case todo o ano a práctica de mergullo, vela, paseos en barcos eléctricos, kaiak, piragüismo, windsurf... As opcións son infinitas. Descobre todo o que podes facer!
Roteiros en kaiak
Miño é o escenario perfecto para a práctica de roteiros en kaiak e sucar as tranquilas augas da ría nunha contorna natural privilexiada. Xa que nos brinda a posibilidade de explorar recunchos escondidos dunha maneira ecolóxica e activa, gozando das praias, do baño e da paisaxe durante case todo o ano. É o deporte perfecto para coñecer lugares insólitos aos que só se pode acceder por mar. Apto para todas as condicións físicas, en solitario, en parella ou cun grupo de amigos, permite sentir o mar dunha forma moi intensa . Descobre Miño desde outra perspectiva!
Travesías en barco
Os amantes dos deportes náuticos teñen en Miño un auténtico paraíso. Surcar o mar en tranquilas travesías ou navegar de Miño a Betanzos polo Mandeo, son uns dos mellores praceres para gozar do contacto directo coa natureza. A infraestrutura portuaria e deportiva xunto coas condicións do mar e ventos ideais para a vela, son algunhas das condicións que favorecen a navegación nas tranquilas augas da ría. Tamén poden navegar a bordo dun catamarán 100% eléctrico e accesible para vivir experiencias marabillosas pola ría e o Madeo, no corazón da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Madeo, gozando dunha contorna única con espectaculares vistas e fermosas postas de sol desde o mar.
Senda dos Sentidos
Percorrer esta senda peonil que bordea o mar é unha delicia para calquera visitante que desexe coñecer a zona. Incluída na Rede Natura 2000, é considerada Lugar de Importancia Comunitaria (L.I.C.) así como zona de especial conservación (ZEC). Trátase dunha área de transición entre o ecosistema fluvial do río Lambre e o ecosistema propio da ría de Betanzos. Dando como resultado un ámbito de gran interese ambiental e paisaxístico, tanto pola súa vexetación de ribeira como polas vistas de belas paisaxes costeiras que estimulan os sentidos.
Cunha lonxitude aproximada de 1 km, o carreiro percorre o litoral desde Ponte do Porco ata o paseo marítimo da Ribeira, gozando dunhas espléndidas vistas ao longo de todo o percorrido. Debido ao seu carácter lineal pódese iniciar en calquera dos seus extremos. E pola súa escasa dificultade é ideal para facer en familia.
Como chegar
+

Camiño Inglés
No seu fascinante percorrido, o Camiño Inglés cruza o corazón das terras de Miño. O roteiro avanza polo municipio durante 9 quilómetros, desde a aldea de Buíña ata Ponte do Porco. Ao longo dunha riquísima variedade cultural e paisaxística, nas que o camiñante sente parte unha contorna excepcional. Permitindo gozar dunha paisaxe que combina mar e interior xunto con enclaves imprescindibles para comprender a historia do camiño, que nos retraen á Europa máis Medieval, tales como a ponte Baxoi, ou a bela localidade de Ponte do Porco.
O ilustre Fray Martín Sarmiento durante un das súas viaxes a Ferrol no ano 1745, describiuna no seu diario do seguinte modo: “Este territorio intermedio é o máis divertido á vista que se poida desexar".
A pé ou en bicicleta, este carreiro trazado ao longo da historia é un dos camiños máis percorridos pola humanidade. Alcanzando o seu apoxeo a finais da Idade Media e principios da Idade Moderna e atraendo a xente e sociedades de toda Europa. Sobre todo ingleses, escoceses e irlandeses que chegaban a Galicia en barco e atracaban nas seguras rías de Coruña e Ferrol. Todos eles contribuíron a fixar o que hoxe coñecemos como Camiño Inglés.
A estratéxica localización destes portos potenciou de maneira evidente o roteiro, de feito no ano 1434 tense constancia de que desembarcaron máis de 3000 peregrinos na Coruña.

Roteiro dos muíños do Río Medio
O roteiro dos muíños do Río Medio ofrécenos unha contorna inmellorable para a práctica do sendeirismo, mergullándonos nun bosque de ribeira no que se mesturan recursos patrimoniais e culturais con paisaxes, que permiten gozar da natureza nunha contorna de singular beleza. Pódese comezar desde a praia da Alameda, en Ponte do Porco, tomando a estrada CP 4804 á esquerda da ponte sobre o río Lambre, en dirección a Vilarmaior. Transcorridos seis quilómetros, atoparemos o inicio do carreiro e un panel explicativo do mesmo. O roteiro dos muíños é unha pequena senda circular de 1'3 km que percorre un tramo do río Medio, afluente do Lambre, e que pode iniciarse en calquera dos seus extremos. Desde a Capela da nosa Señora de Guadalupe é unha continua baixada ata o río. A subida desde a antiga Fábrica da Luz posúe algunhas costas esixentes, pero pola súa pouca duración e as súas constantes paradas, está ao alcance de calquera camiñante. Atravesa un denso e fresco tramo de bosque de ribeira no que se atopan unha serie de 4 muíños tradicionais, combinando tramos de pasarelas, carreiros e escaleiras de pedra. Máis adiante o roteiro abandona o río e transcorre por unha zona de bosque na que se mesturan carballos e piñeiros, ata chegar ao final do percorrido coa Capela de Guadalupe e a fonte de Augas Santas, que segundo conta a lenda posúe augas milagrosas. Xa que protexe da envexa e do mal de ollo, así como das pragas. A tradición popular e as crenzas, fixeron xeral a recollida de auga desta fonte para asperxer as terras e deste xeito preservar as colleitas.
Como chegar
+
Como chegar
Sendas pola Fraga do Xarío
Na Fraga do Xarío poderás realizar distintos roteiros de escasa dificultade de 1'2 km nunha contorna natural única, ao longo da rede de carreiros que discorren polo bordo do río e polas pistas forestais. Nas que existen puntos de interpretación que aproximan ao senderista ao patrimonio natural e cultural da contorna. Un paseo por estas sendas circulares á beira do río Xarío, son un deleite para todos os sentidos, xa que se pode contemplar a exuberancia dos bosques de ribeira, envolvidos nun clima húmido e fresco, con especies como salgueiros, freixos e amieiros, así como restos dun antigo muíño de auga, claro expoñente da arquitectura rural da zona.
Este espazo natural de especial relevancia paisaxística grazas á variedade de especies animais e vexetais que o conforman, constitúe un auténtico ecosistema de alta biodiversidade.