Bolo Mariñeiro de Miño

Qué é o Bolo Mariñeiro de Miño?
O Bolo Mariñeiro de Miño é un prato creado de xeito colectivo polos hostaleiros de Miño no programa "Cociña Mariñeira".
Trátase dun bolo de pan artesá, ao que lle quitan o miolo e énchese cunha bechamel especial con cebola chata, allo, porro e bivalvos da nosa ría.
Os diferentes establecementos varían o seu ingrediente principal, o bivalvo, dependendo da tempada e do mercado.
Poderás degustalo de ameixas, berberechos, mexillóns ou nalgúns casos, de vieiras.
A hostalería de Miño, tanto bares coma restaurantes, adaptan o Bolo Mariñeiro a diferentes formatos, ofrecendo a súa versión en pincho, tapa ou ración en carta ou menú do día.
Un proxecto impulsado polo Concello de Miño e cofinanciado polos fondos FEMP do GALP Golfo Ártabro Norte.