Turismo Miño
As illas da ría
Miño está ubicado ao fondo da ría de Ares e Betanzos, na que atopamos varias illas dispersas do período terciario, como a Miranda grande e a Miranda chica, as dúas na bocana da ría. Localizamos outras nomeadas pola súa tonalidade escura: Carbón (enfrente da praia de Perbes), Carboeira (na praia de Ínsua, Pontedeume) e Mourón (a carón de Redes, na costa de Ares). Esta cor casi negro ten a súa orixen nos esquistos, que nos lembran tanto á cor do carbón, e que son a base dos afloramientos rocosos desta costa.
As illas do Carbón están formadas por dous illotes separados por unha canle estreita, que con marea baixa desaparece deixándoas unidas. Podemos observar ademáis algunhas rochas de menor tamaño, que coa pleamar quedan separadas, aparentando pequenas illas.
Estas islas están a uns 500 m. da costa, e posúen unha altura de 10 m. sobre o nivel do mar.
A máis cercana á praia de Perbes é a máis alta e grande. Ten unha escasa vexetación arbórea con matas de malvavisco (Lavatera arborea), e diferentes prantas rupícolas como a espergularia (Spergularia marina), a arnola (Atriplex laciniata), o perexil de mar (Chrithmum maritimum) e a herba de namorar (Armeria maritima). Todas elas prantas que soportan ben a salinidade do auga e o forte vento da mar.
As illas escuras

A segunda das illas, ubicada máis ao interior, está máis batida polas ondas. Fai a función de dique natural freando a forza da mar. Por iso soamente a atopamos nos sitios máis protexidos matas de perexil de mar e de herba de namorar, ambas moi resistentes.
A lonxitude desta illa é un pouco maior que a outra, a súa base é prácticamente igual, pero o seu cumio moito máis afiado.
Miño é quen de presumir de concello con fermosas illas, que non aillado, xa que dispón de magníficas comunicacións.