logotipo
facebook de Praia da Alameda - Turismo Miño youtube de Praia da Alameda - Turismo Miño instagram de Praia da Alameda - Turismo Miño interest de Praia da Alameda - Turismo Miño
es | en | gl
  • Descobre Miño
  • Onde durmir
  • Onde comer
  • Camiño de Santiago
  • 6 Imprescindibles
  • Blog
  • Contacto
logotipo
Praia da Alameda - Turismo Miño
Praia da Alameda - Turismo Miño
Praia da Alameda - Turismo Miño
Praia da Alameda - Turismo Miño
Praia da Alameda - Turismo Miño
 
 

Turismo Miño

Recunchos para soñar

A praia da Alameda é un pequeno areal situado na desembocadura do río Lambre, que forma unha diminuta ría resgardada do vento, de augas tranquilas e fina area branca.

Observando con detalle

De grandes diferenzas entre  pleamar e baixamar, con marea baixa quedan zonas extensas de fondos  arenosos nos que as aves  limícolas atopan sustento:  correlimos ( Calindris Alpina),  archibebes ( Thringa  totanus), agullas ( Limosa  limosa), mazarico  trinador ( Numenius  phaeopus),  andarríos mozo ( Actitis  hypoleucus),  ostrero  euroasiático ( Haematopus  ostralegus) ….

Mira, mira!

Situada dentro da rede natura 2000 e incluída no espazo natural Betanzos-Mandeo, nela atópanse exemplares dun escaravello ameazado, o  Eurynebria  complanata ( nebria das praias).
Na zona húmida detéctase o molusco caracol de  Quimper ( Elona  quimperiana),catalogado como en perigo de extinción. Tamén se descubriu a existencia do arbusto  hierbaunciana,  carretón bravo ou  emborrachacabras ( Dorycnium  rectum), distribuído pola rexión mediterránea. Habita xunqueiras e prados nas marxes de cursos de auga. En Galicia resulta excepcional, citándose puntualmente en Lugo e Pontevedra, sendo en Miño a única localización na provincia da Coruña.

O valor das dunas

A zona dunar da praia ten un relevo escaso, pero presenta gran diversidade de plantas, situándose aquí a manifestación máis relevante deste hábitat en todo o espazo protexido.
Na post-duna formouse unha pequena área húmida, onde crecen xuncos ( juncus  sp.)e espadanas ( Typha). Frecuentada polos  ánades reais ( Anas  platyrhynchos), nela tamén se pode sentir o canto do  rascón común ( Rallus  aquaticus). No lado máis apartado da praia temos unha franxa de bosque de ribeira composto por amieiros ( Alnus  glutinosa)e salgueiros( salix  sp.) que acubillan a gran variedade de  paxariños.

 

Turismo Miño

Descobre todo o que podes facer en Miño

+34 607 80 35 69
 34607803569
Estrada da Praia s/n15630 Miño A CoruñaEspaña
turismomino@gmail.com
facebook de Praia da Alameda - Turismo Miño youtube de Praia da Alameda - Turismo Miño instagram de Praia da Alameda - Turismo Miño interest de Praia da Alameda - Turismo Miño
  • Aviso legal
  • Technology Diseño Web para Hoteles, Apartamentos y Casas Rurales

RESERVA

loading

Este sitio web utiliza Cookies propias y de terceros, para recopilar información con la finalidad de mejorar nuestros servicios, para mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias, así como analizar sus hábitos de navegación. Puede aceptar todas las cookies pulsando el botón "Aceptar" o configurarlas o rechazar su uso haciendo clic en "Configuración de Cookies". El usuario tiene la posibilidad de configurar su navegador pudiendo, si así lo desea, impedir que sean instaladas en su disco duro, aunque deberá tener en cuenta que dicha acción podrá ocasionar dificultades de navegación de la página web.