logotipo
facebook de Praia Grande - Turismo Miño youtube de Praia Grande - Turismo Miño instagram de Praia Grande - Turismo Miño interest de Praia Grande - Turismo Miño
es | en | gl
  • Descobre Miño
  • Onde durmir
  • Onde comer
  • Camiño de Santiago
  • 6 Imprescindibles
  • Blog
  • Contacto
logotipo
Praia Grande - Turismo Miño
Praia Grande - Turismo Miño
Praia Grande - Turismo Miño
Praia Grande - Turismo Miño
Praia Grande - Turismo Miño
Praia Grande - Turismo Miño
Praia Grande - Turismo Miño
Praia Grande - Turismo Miño
Praia Grande - Turismo Miño
Praia Grande - Turismo Miño
 
 

Turismo Miño

Relaxa a túa mente

Situada nas marismas do río Baxoi e con máis de 1,4 quilómetros de lonxitude, conta cun sistema de dunas cun paseo sobre tarimas de madeira, para percorrer en calquera época do ano.
O seu amplo sistema dunar protexe da acción do mar e do vento a zona da marisma, fogar de flora e fauna de gran riqueza.
Nesta primeira liña con vexetación do cordón dunar da praia Grande de Miño, pódense observar dunas móbiles de litoral con  arrón ou  carrizo ( Ammophila  arenaria), tamén chamado dunas brancas. Aínda que este espazo está fóra da rede Natura 2000, está protexido ao estar clasificado como hábitat de interese comunitario de Europa.

Areal sen estacións

O seu amplo sistema dunar protexe da acción do mar e do vento a zona da marisma, fogar de flora e fauna de gran riqueza. Nesta primeira liña con vexetación do cordón dunar da praia Grande de Miño pódense observar dunas móbiles de litoral con  barrón ou  carrizo ( Ammophila  arenaria), tamén chamado dunas brancas. Este espazo está protexido como hábitat de interese comunitario de Europa.
O  barrón ou  carrizo pertence á familia das  gramíneas. Vive nas cristas das dunas directamente expostas ao vento mariño e ata unha altura duns 50 metros por encima do nivel do mar. Contribúe en gran medida a sustentar o chan e permite que outras especies poidan vivir nela, detendo o avance da area. É unha das plantas mellor adaptada aos sistemas de dunas móbiles. Soporta fortes ventos sen ser danada, sobrevivindo en chans secos e de alta salinidade.

Unha praia para todos

A praia Grande na época estival, dispón dunha pasarela de madeira accesible, desde o paseo marítimo á beira do mar e unha pérgola para facilitar unha área de sombra cómoda para a transferencia da cadeira de rodas á anfibia no momento do baño. Este servizo inclusivo conta ademais co apoio do persoal de salvamento e socorrismo.
No ano 2021 se lle concedeu á praia Grande de Miño, xunto coa praia da Ribeira, a bandeira  Q de Calidade que outorga o  ICTE (O Instituto para a Calidade Turística Español). En Galicia cedéronse un total de 12, recibindo o concello de Miño as dúas únicas bandeiras entregadas na provincia da Coruña, como certificación da excelencia en servizos turísticos,  paisaxismo e  medioambiente.

Quen nos visita

Grazas ao noso clima con temperaturas suaves ao longo das catro estaciones, podemos gozar dos nosos areais durante todo o ano para dar bonitos paseos ou para observar o paso das aves.
Moitas delas percorreron ata 2000 km para chegar, como as gaivotas  cabecinegras ( Larus  melanocephalus) que chegan do centro de Europa, pero outras seguirán viaxado varios miles de quilómetros no seu roteiro, como o  charrán  patinegro ( thalasseus  sandvicensis).
As aves mariñas teñen a súa mellor época no paso outonal (de xullo a novembro) desde as súas áreas de cría no norte de Europa cara ás súas áreas de invernada no atlántico sur ou o mediterráneo. Os mellores días para observalas son os días de temporal, cando os fortes ventos obríganlles a achegarse á costas para buscar refuxio. Podemos ver con facilidade variadas gaivotas ( reidora,  cabecinegra,  patiamarela ou sombría), corvos mariños, e de forma máis esporádica  pardelas,  negrones e charranes.
A  bisbita pratense,o  pardillo vulgar e a lavandeira branca tamén son das que se deixan ver durante o inverno polo areal ou o seu sistema dunar.
Algunhas plantas foráneas son capaces de estenderse grandes superficies  com gran facilidade, desprazando ás especies locais e empobrecendo a biodiversidade. Nesta zona algunhas das máis ameazantes son a herba da  pampa ( Cortaderia  selloana), a margarida africana ( artotheca  calándula) e a uña de gato ( Carpobrotus  acinaciformis) . Erradicalas é fundamental para o equilibrio natural da súa contorna.

Coida a contorna

O uso adecuado das praias repercute no benestar de todos. Miño declarou todas as praias do seu municipio como praias sen fume, e elaborado unha normativa para o seu correcto uso e goce. Lembra recoller o teu lixo e depositala nos contedores respectivos para a súa reciclaxe. Que a única pegada que deixes na area sexa a dos teus pés.
Aconsellamos visitar desde aquí o porto deportivo, que enlaza co paseo da praia de Ribeira, a Senda dous Sentidos e Ponte do Porco co seu monumento aos Andrade en pleno Camiño Inglés.

Miño conta con multitude de areais de gran calidade: a Ribeira, máis coñecida como a pequena, a Alameda, con espectaculares variacións de nivel entre  pleamar e baixamar; Perbes, ou Marín e Lago dun tamaño inferior.

 

Turismo Miño

Descobre todo o que podes facer en Miño

+34 607 80 35 69
 34607803569
Estrada da Praia s/n15630 Miño A CoruñaEspaña
turismomino@gmail.com
facebook de Praia Grande - Turismo Miño youtube de Praia Grande - Turismo Miño instagram de Praia Grande - Turismo Miño interest de Praia Grande - Turismo Miño
  • Aviso legal
  • Technology Diseño Web para Hoteles, Apartamentos y Casas Rurales

RESERVA

loading

Este sitio web utiliza Cookies propias y de terceros, para recopilar información con la finalidad de mejorar nuestros servicios, para mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias, así como analizar sus hábitos de navegación. Puede aceptar todas las cookies pulsando el botón "Aceptar" o configurarlas o rechazar su uso haciendo clic en "Configuración de Cookies". El usuario tiene la posibilidad de configurar su navegador pudiendo, si así lo desea, impedir que sean instaladas en su disco duro, aunque deberá tener en cuenta que dicha acción podrá ocasionar dificultades de navegación de la página web.