Turismo Miño
O Camiño Inglés ao seu paso por Miño
No seu fascinante percorrido, o Camiño Inglés cruza o corazón das terras de Miño, que sempre estivo moi vinculado ao Roteiro Xacobeo desde a súa orixe. Debido a que alcanza o seu máximo esplendor a finais da Idade Media e principios da Idade Moderna, atraendo a xente e sociedades de toda Europa. Sobre todo ingleses, escoceses e irlandeses que chegaban a Galicia en barco e atracaban nas seguras rías de Coruña e Ferrol. Todos eles contribuíron a fixar o que hoxe coñecemos como Camiño Inglés.
Estas terras esconden en cada esquina vestixios do pasado, salpicado de castros, pontes medievais ou restos de romanización.
Actualmente o camiño avanza ao longo dunha riquísima variedade cultural e paisaxística, nas que o camiñante sente parte dunha contorna excepcional. Permitindo gozar dunha paisaxe que combina mar e interior, xunto con enclaves imprescindibles para comprender a historia do camiño que nos retrae á Galicia máis medieval, tales como a ponte Baxoi, ou a bela localidade de Ponte do Porco. O ilustre Fray Martín Sarmiento durante un das súas viaxes a Ferrol no ano 1745, describiuna no seu diario do seguinte modo: “Este territorio intermedio é o máis divertido á vista que se poida desexar".
A pé ou en bicicleta, este carreiro trazado ao longo da historia é un dos camiños máis percorridos pola humanidade.

Ponte Baxoi
Esta ponte medieval dun só arco sobre o río Baxoi, forma parte da rede de pontes mandadas construír por Fernán Pérez de Andrade ou “ BOO”, no século XIV para facilitar o paso de carruaxes polos seus dominios. Ademais era un punto de paso para os peregrinos medievais ingleses e de países do norte de Europa e Bálticos, que desembarcaban no porto de Ferrol ou outros da zona, para logo finalizar por este camiño, denominado Camiño Inglés, a súa peregrinación a Compostela.
Fray Martín Sarmiento cita na súa viaxe a Galicia en 1745, a parroquia de Santa María de Miño xunto con esta ponte no seu roteiro cara a Ferrol.
Cómo chegar

Monumento Ponte do Porco
O nome de Ponte do Porco débese á cabeza de xabaril, símbolo da Casa de Andrade, que ten a ponte antiga nun dos seus lados.
Nos xardíns atópase un curioso monumento en honra a Fernán Pérez de Andrade, trátase dunha cruz sobre un xabaril que simboliza o triunfo do ben sobre o mal. Existe unha preciosa lenda que conta que sobre esta ponte, Roxín Roxal degolou coa súa daga ao xabaril que matou á súa amada Tareixa.
Como chegar
+

Marismas Río Baxoi
Este humidal costeiro de excepcional valor para a conservación de flora e fauna, está formado polo estuario que forma o Río Baxoi na súa desembocadura na Ría de Betanzos.
Alberga numerosas especies que utilizan as marismas para aniñar ou repoñer forzas durante os movementos migratorios. Polo que é común ver diferentes tipos de aves neste espazo natural.