Turismo Miño
Turismo Miño
Turismo Miño

Aviso legal

1. Titularidade
O titular deste sitio web é o Concello de Miño, con Dirección Postal na Carreira 38, 15630, Miño, A Coruña; CIF: P1504900J.

- Correo electrónico: comunicacion@concellodemino.gal
- Teléfono: 981 782 006

2. Acceso
O obxecto do sitio web é presentar de forma dixitalizada información do Concello de Miño e difundir as actividades e servizos ofrecidos.

3. Propiedade Intelectual
Todos os contidos que se mostran no presente sitio web, e en especial deseños, textos, imaxes, logos, iconas ou calquera outra información susceptible de utilización industrial e/ou comercial, están protexidos polos correspondentes dereitos de autor, non permitindo a súa reprodución, transmisión ou rexistro de información salvo autorización previa do titular.

O usuario única e exclusivamente, pode utilizar o material que apareza neste sitio web para o seu uso persoal e privado, quedando prohibido o seu uso con fins comerciais.

4. Modificación unilateral
O Concello poderá modificar unilateralmente e sen previo aviso, sempre que o considere oportuno, a estrutura e deseño do sitio web, así como modificar ou eliminar, os servizos, os contidos e as condicións de acceso e/ou uso do sitio web.

5. Ligazóns
O Concello de Miño non asume ningunha responsabilidade sobre as ligazóns cara a outros sitios ou páxinas web de terceiros, xa que non ten ningún tipo de control sobre os mesmos. De acordo ao anterior, o usuario accede baixo a súa exclusiva responsabilidade ao contido e nas condicións de uso que rexan nos sitios de terceiros

6. Responsabilidade
O Concello de Miño non outorga ningunha garantía nin se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen traer causa de:

- A falta de dispoñibilidade, mantemento e efectivo funcionamento do sitio web e/ou dos seus servizos ou contidos.
- A falta de utilidade dos servizos ou actividades que se promocionan para satisfacer necesidades, actividades ou resultados concretos ou expectativas dos usuarios, máis aló da natureza deses servizos ou actividades.
- A existencia de virus, programas maliciosos ou lesivos nos contidos, introducidos por terceiros, e a pesar da adopción das medidas de seguridade apropiadas.
- A recepción, obtención, almacenamento, difusión ou transmisión, por parte dos usuarios, dos contidos.
- O uso ilícito, neglixente, fraudulento; contrario ás presentes Condicións, á boa fe, aos usos xeralmente aceptados ou á orde pública, tanto do sitio web como dos seus servizos ou contidos, por parte dos usuarios.
- A falta de licitud, calidade, fiabilidade, utilidade e dispoñibilidade dos servizos prestados por terceiros e postos a disposición dos usuarios no sitio web.
- O incumprimento por parte de terceiros das súas obrigacións ou compromisos en relación cos servizos prestados aos usuarios a través do sitio web.